Jack Davis

Jack Davis, nado o 11 de marzo de 1917 e finado o 17 de marzo de 2000, foi un salientable dramaturgo e poeta aborixe australiano, así como activistas polos dereitos dos indíxenas. Naceu en Australia Occidental, na vila de Yarloop, e viviu en Fremantle até o final da súa vida. Pertencía ó pobo noongar, e a maioría da súa obra trata sobre a experiencia como aborixe australiano.

Malia que Davis compuxo moitos dos seus poemas mentres traballaba nunha facenda en Gascoyne durante a súa mocidade, o seu primeiro volume de poesía non foi publicado até 1970. Foi considerado como o poeta aborixe australiano do século XX e moitas das súas obras forman parte do programa escolar australiano.

Davis converteuse en membro da Order of the British Empire (MBE) en 1976, e membro da Orde de Australia (AM) en 1985. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 2 results of 2 for search 'Jack Davis', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    por Jack Davis
    Publicado 2003
    TEXT
  2. 2