Terra

teoría do grande impacto | época = J2000 | afelio = 152 097 701 km
(1,0167103 UA) | perihelio = 147 098 074 km
(0,9832899 UA) | semimaior = 149 598 261 km
(1,00000261 UA) | raio_orbital_medio = 0,999855 UA
149 597 870,691 km | excentricidade = 0.01671123 | período = 365,256363004 días
1,000017421 AJ | velocidade_media = 29,78 km/s
107 200 km/h | anomalía_media = 358.617° | inclinación = | nodo_asc = -11,26064° á eclíptica J2000 | periastro_tempo = 2 de xaneiro de 2021 13:59 | arg_peri = 114,20783° | satélites = | raio_medio = 6 371,0 km | raio_ecuatorial = 6 378,1 km | raio_polar = 6 356,8 km | achatamento = 0,0033528
1/298.257222101 (ETRS89) | circunferencia = }} | área_superficie = , os valores extremos para a cobertura dos lagos e regueiros son do 0,6 % e 1,0 % da superficie da Terra. O recubrimento de xeo da Antártida e Groenlandia cóntanse como terra, a pesar de que gran parte da rocha na que se sustentan atópase por baixo do nivel do mar.|group="lower-alpha"}} |148 940 000 km2 terra (29,2 %) |361 132 000 km2 auga (70,8 %) }} | volume = 1,08321×1012 km3 | masa = 5,9736×1024 kg | densidade = 5,515 g/cm3 | grav_superficial = 9,780327 m/s | factor_momento_de_inercia = 0,3307 | velocidade_escape = 11,186 km/s | día_sideral = 0,99726968 d
(23h 56m 4,100s) | velocidade_rot = 0,4651 km/s | oblicuidade_eclíptica = 23°26′21″ 0,4119 | albedo = | temp_nome1 = Kelvin | min_temp_1 = 184 K | med_temp_1 = 287,16 K | max_temp_1 = 330 K | temp_nome2 = Celsius | min_temp_2 = −89,2 °C | med_temp_2 = 14,0 °C | max_temp_2 = 56,7 °C | presión_superficie = 101,325 kPa (m s. n. m.) | composición_atmosfera = }} A Terra () (do latín ''Terra'', deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén chamada ''Mundo'' ou ''Planeta Azul'', é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar. Tamén é o maior dos catro terrestres.

A Terra formouse hai aproximadamente 4 550 millóns de anos e a vida xurdiu uns mil millóns de anos despois. A atmosfera e outras condicións abióticas foron alteradas de forma significativa pola biosfera do planeta, favorecendo a proliferación de organismos aerobios, así como a formación dunha capa de ozono que xunto co campo magnético terrestre bloquean a radiación solar daniña, permitindo así a vida na Terra. As propiedades físicas da Terra, a historia xeolóxica e a súa órbita permitiron que a vida siga existindo. Estímase que o planeta seguirá sendo capaz de sustentar vida durante outros 500 millóns de anos, xa que segundo as previsións actuais, pasado ese tempo a crecente luminosidade do Sol terminará causando a extinción da biosfera.

A superficie terrestre ou codia está dividida en varias placas tectónicas que se deslizan sobre o magma durante períodos de varios millóns de anos. A superficie está cuberta por continentes e illas, estes posúen varios lagos, ríos e outras fontes de auga, que, xunto cos océanos de auga salgada, representan cerca do 71% da superficie e constitúen a hidrosfera. Non se coñece ningún outro planeta con este equilibrio de auga líquida, que é indispensable para calquera tipo de vida coñecida. Os polos da Terra están cubertos na súa maioría de xeo sólido (Inlandsis da Antártida) ou de banquisas (casquete polar ártico). O interior do planeta é xeoloxicamente activo, cunha grosa capa de manto relativamente sólido, un núcleo externo líquido que xera un campo magnético, e un núcleo interior sólido composto aproximadamente dun 88% de ferro.

A Terra interactúa gravitatoriamente con outros obxectos no espazo, especialmente o Sol e a Lúa. Na actualidade, a Terra completa unha órbita ao redor do Sol cada vez que realiza 366,26 xiros sobre o seu eixe, o cal é equivalente a 365,26 días solares ou a un ano sideral. O eixe de rotación da Terra atópase inclinado 23,4° con respecto á perpendicular do seu plano orbital, o que produce as variacións estacionais na superficie do planeta cun período dun ano tropical (365,24 días solares). A Terra posúe un único satélite natural, a Lúa, que comezou a orbitar a Terra hai 4 530 millóns de anos; esta produce as mareas, estabiliza a inclinación do eixe terrestre e reduce gradualmente a velocidade de rotación do planeta. Hai aproximadamente entre , durante o chamado bombardeo intenso tardío, numerosos asteroides impactaron na Terra, causando significativos cambios na maior parte da súa superficie.

Tanto os recursos minerais do planeta como os produtos da biosfera proporcionan materias primas que se utilizan para soster á poboación humana mundial. Os seus habitantes están agrupados nuns 200 estados soberanos independentes, que interactúan a través da diplomacia, as viaxes, o comercio, e a acción militar. As culturas humanas desenvolveron moitas ideas sobre o planeta, incluída a personificación dunha deidade, a crenza nunha Terra plana ou na Terra como centro do universo, e unha perspectiva moderna do mundo como unha contorna integrada que require administración.

A súa distancia media ó Sol é considerada a unidade astronómica (UA), igual a 149 597 870,69 km. Adoita redondearse a 1,5x1011 m. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 52 for search 'Terra', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    por TERRA
    Publicado
    TEXT
  2. 2
    por Terra
    Publicado
    TEXT
  3. 3
  4. 4
    por TERRA,IR.
    Publicado
    TEXT
  5. 5
    por Terra Ch.
    Publicado 1999
    TEXT
  6. 6
    por Terra Ch.
    Publicado 1999
    TEXT
  7. 7
    por BAJRAGHOSA, Terra
    Publicado 2020
    Ligazón do recurso
    Buku Ajar
  8. 8
  9. 9
    por Terra, Christina
    Publicado 2006
    TEXT
  10. 10
  11. 11
  12. 12
    por TRIWAHYUNI, Terra C.
    Publicado 2002
    TEXT
  13. 13
  14. 14
  15. 15
    por Triwahyuni, Terra Christien
    Publicado 2010
    TEXT
  16. 16
  17. 17
    por TRIWAHYUNI, Terra C.
    Publicado 2004
    TEXT
  18. 18
  19. 19
    por TRIWAHYUNI, Terra C.
    Publicado 2004
    TEXT
  20. 20