Muhammad Yunus

Muhammad Yunus (en , pronunciado ''Muhammôd Iunūs''), nado en Chittagong o 28 de xuño de 1940, é un emprendedor social, banqueiro, economista e líder social de Bangladesh, coñecido por crear o Banco Grameen e desenvolver os conceptos de microcrédito, ideado polo paquistaní Akhter Hameed Khan, e microfinanzas. Estes créditos son outorgados a emprendedores que son demasiado pobres para acceder a un crédito nun banco tradicional. En 2006, Yunus e o Banco Grameen foron condecorados co Premio Nobel da Paz "polos seus esforzos para incentivar o desenvolvemento social e económico dende abaixo". O Comité Noruegués do Nobel salientou que "a paz duradeira non pode ser alcanzada a menos que grandes grupos da poboación atopen formas coas que poidan saír da pobreza" e que "a través de culturas e civilizacións, Yunus e o Banco Grameen demostraron que ata os máis pobres entre os pobres poden traballar para o seu propio desenvolvemento". Yunus recibiu tamén a Medalla Presidencial da Liberdade dos Estados Unidos en 2009 e a Medalla de Ouro do Congreso estadounidense en 2010, o Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 1998, e o Premio Internacional Simón Bolívar en 1996.

Musulmán non practicante, estudou Ciencias Económicas en Nova Deli e ampliou os seus estudos nos Estados Unidos con bolsas das institucións Fulbright e Eisenhower e da universidade Vanderbilt. Regresou ao seu país en 1972 para dirixir o departamento de Economía da universidade de Chittagong, pouco despois de que Bangladesh conseguise a independencia.

En 2008 a revista ''Foreign Policy'' considerouno como o número 2 na listaxe do "Top 100 Pensadores Globales".

En febreiro de 2011, Yunus xunto con Saskia Bruysten, Sophie Eisenmann e Hans Reitz cofundou Negocio Social–Iniciativa Social Yunus (YSB nas súas siglas en inglés). YSB crea e permite a negocios sociais resolver problemas sociais arredor do mundo. A medida que se pon en marcha a visión de Yunus dun novo capitalismo humano YSB manexa unha incubadora de fondos para negocios sociais en países en desenvolvemento e prové de asesorías a empresas, gobernos, fundacións e ONG.

En 2012, converteuse en chanceler da universidade Caledoniana de Glasgow en Escocia. Ademais é membro da xunta do consello da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Shahjalal. Previamente era profesor de economía na Universidade de Chittagong en Bangladesh. Publicou varios libros relacionados co seu traballo financeiro. Yunus tamén participa na xunta directiva da Fundación Nacións Unidas, organización pública creada en 1998 polo estadounidense Ted Turner.

En marzo de 2011, o goberno de Bangladesh despidiu a Yunus da súa posición no Banco Grameen argumentando violacións legais e unha idade límite na súa posición. A Suprema Corte de Bangladesh apoiou o despido de Yunus do seu cargo o 8 de marzo. Yunus e o Banco Grameen apelaron a decisión argumentando que o despido tivo unha motivación política. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 19 results of 19 for search 'Yunus, Muhammad', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
    por Yunus, Muhammad
    Publicado 2007
    Referensi
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
    por YUNUS, Muhammad
    Publicado 1999
    TEXT
  7. 7
    por YUNUS, Muhammad
    Publicado
    TEXT
  8. 8
  9. 9
    por Yunus muhammad
    Publicado
    TEXT
  10. 10
    por YUNUS, Muhammad
    Publicado 1999
    TEXT
  11. 11
  12. 12
    por YUNUS, Muhammad Bin
    Publicado 1978
    TEXT
  13. 13
    por YUNUS, Muhammad Bin
    Publicado 1978
    TEXT
  14. 14
  15. 15
  16. 16
    por Yunus, Muhammad, Weber, Karl
    Publicado 2011
    Umum
  17. 17
    por Yunus, Muhammad, Weber, Karl
    Publicado 2010
  18. 18
    por Agung, Singgih, Syamsuri, Yunus, Muhammad
    Publicado 2000
  19. 19
    TEXT